Reda, casarío de

Reda, casarío de

Construción situada na Canda (Piñor). Está formado por dous corpos que adoptan a forma dun T, o máis antigo é o máis ancho, e presenta dous andares. Na fachada principal destaca un arco de medio punto como porta. Na parte posterior ten unha solaina corrida montada sobre piares e balaustrada de madeira á que se accede polo exterior a través dunha escaleira. O escudo alude aos Losada, Mosquera, Camba, Torre, Taboada, Noguerol, Vilamarín, Quiroga e Ribadeneira, entre outros. Atópase dentro dunha leira illada do núcleo urbano.

Palabras veciñas

recusar | Red | Red River | Reda, casarío de | redacción | Redacción Xove | redactar