redistribución
redistribución
(< re- + distribución)
-
s
f
Acción e efecto de redistribuír.
-
s
f
[ANTROP/CULT]
Sistema de intercambio en que os produtos de traballo dun grupo de individuos se centralizan, se clasifican e se reparten equitativamente entre produtores e non produtores.
-
s
f
[ECON]
Modificación que afecta a unha determinada distribución de bens ou rendas, como consecuencia da intervención do estado, que ten por finalidade diminuír a especulación, favorecer aos consumidores ou facer crecer a produtividade.