reeducación
reeducación
(< reeducar)
-
s
f
Acción e efecto de reeducar.
-
s
f
[MED]
Conxunto de medidas terapéuticas encamiñadas a permitirlle a un individuo que sofre unha afección motora ou psicomotriz o uso máis ou menos completo da función perturbada.
-
s
f
[PSIC]
Conxunto de técnicas psicopedagóxicas aplicadas co obxectivo de solucionar diversos problemas escolares (trastornos do cálculo e a lectura, descenso do rendemento, etc), ou incluso de aspecto máis xeral dentro do ámbito da psicoloxía infantil.