reentrada
reentrada
(< re- + entrada)
s
f
[ASTRON]
Operación ou manobra coa que se designa a volta dun aparato espacial á atmosfera. Pode ser en dirección próxima á radial, empregada en mísiles balísticos, ou tamén tanxencial, no caso de descensos planados, como o da lanzadeira espacial. Na reentrada de cápsulas faise uso da freada aerodinámica para reducir a velocidade. Cómpre unha axeitada protección térmica, mediante unha capa de material ablativo.