refluxo

refluxo

(< lat refluxu)

  1. s m
    1. Movemento dun líquido que reflúe.

    2. [MAR]

      Movemento descendente da marea.

  2. s m [IND/QUÍM]

    Parte da fracción evaporada que se condensa e volve ao estado líquido, nunha instalación de destilación.

  3. [PAT]
    1. s m

      Paso dun líquido por un conduto natural en sentido oposto ao fisiolóxico.

    2. refluxo hepatoxugular

      Turxescencias das veas xugulares externas pola compresión lenta e metódica do fígado.

  4. s m [QUÍM]

    Operación que consiste na ebulición dun líquido nun recipiente, xeralmente un matraz, de tal xeito que os vapores, ao condensarse nun refrixerante convenientemente axustado á parte superior do sistema, reflúan.

Palabras veciñas

reflotación | reflotar | refluír | refluxo | refocilar | refogado | refogar