refractario -ria
refractario -ria
(
-
adx
[QUÍM/IND]
Aplícase a diversos materiais de estrutura non metálica, xeralmente constituídos por mesturas de óxidos metálicos, destinados a soportar temperaturas elevadas. Os materiais refractarios poden ser clasificados en ácidos, básicos ou anfóteros, de acordo co carácter dos óxidos presentes en maior proporción na súa constitución, e cada un emprégase tendo en conta o uso ao que é destinado.
-
adx
Que non se somete a unha autoridade ou a unha regra.
-
[MED]
-
adx
Que é resistente ao tratamento habitual.
-
adx
Que é resistente á estimulación, especialmente a muscular e a nerviosa.
-
período refractario
Período breve de relaxamento dun músculo durante o que a estimulación non consegue excitalo (período refractario absoluto) ou só o consegue debilmente (período refractario relativo).
-
adx