refrán

refrán

(

  1. s m

    Frase sentenciosa de forma fixa baseada nas reflexións da sabedoría popular.

  2. s m [LIT]

    erso ou conxunto de versos que se repiten ao final de cada estrofa nunha composición. Foi un elemento característico das cancións de baile e interveu noutros xéneros de forma constante. Posto ao final da estrofa ou ao principio do poema, repetíase, todo ou en parte, ao final de cada cobra, seguindo diversos procedementos segundo as épocas e os xéneros. A máxima difusión das primitivas cancións con refrán produciuse do s XIII ao s XIV, e constátanse diversas innovacións e derivacións nos ss XV e XVI.

Refráns

  • Con só un refrán pode gobernarse un ha cidá.
  • É refrán moi antigo que é gran mal o mal veciño; e máis, se é do teu oficio.
  • Non hai refrán que non diga unha verdá e, se non di unha, é porque di dúas.
  • Non hai refrán que non teña a súa verdá.
  • Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro.
  • O que se vexa desfavorecido aconséllese cos refráns antigos.
  • Os refráns habían de estar escritos con letras de ouro.
  • Os refráns son curmáns do evanxelio I da verdá.
  • Os refráns vellos son evanxelios pequenos.
  • Refrán dos pasados tempos é un pequeno evanxelio.
  • Refráns hai máis que pans e ledaíñas hai máis que días.
  • Tódolos refráns teñen o don do ensino e don da verdade.