Refrey
Refrey
Empresa dedicada á fabricación e comercialización de máquinas de coser domésticas e industriais. Presentou o seu primeiro produto en 1944 na Feria de Muestras de Vigo. Ademais do mercado español, distribuía gran parte dos seus produtos en Europa, Hispanoamérica, África e algúns países asiáticos. Despois de sufrir unha importante crise económica en 1992, converteuse en Sociedade Anónima Laboral e adoptou o nome de Macofrey, mantendo a patente Refrey. O 20 de maio de 2005 cesou oficalmente a súa actividade.