1 rega

1 rega

(

  1. s f
    1. Acción de subministrar auga a un terreo de cultivo.

    2. Auga dispoñible para regar.

    1. s f

      Técnica agrícola que serve para mellorar a produción das colleitas nas zonas de chuvias irregulares.

    2. rega de superficie

      Técnica máis antiga de rega, en que a auga circula ao aire libre pola superficie do terreo. Pode ser por submersión se se realiza sobre terreos chans; por corrente, se se realiza sobre terreos de pouca pendente, onde a auga flúe sobre o campo por gravidade; e por infiltración, en que se practican canles de pouca lonxitude, separadas por uns regos a través dos que a auga se distribúe ata os pés das plantas e se infiltra progresivamente no chan.

    3. rega gota a gota

      Técnica de rega en que a auga se distribúe a pouca presión a través duns orificios practicados nuns tubos que poden estar suspendidos ou ben apoiados sobre o mesmo chan.

    4. rega por aspersión

      Técnica de rega que consiste en dispersar a auga en forma de chuvia mediante aspersores.

  2. s f

    Acción e efecto de mollar ou impregnar de auga algo.

Palabras veciñas

refuxiar | refuxio | reg* | 1 rega | 2 rega | Rega, cima de | regacho