Reguengo, pazo de

Reguengo, pazo de

Construción situada en San Vicente de Castillón (Pantón). A obra orixinal data do s XV, aínda que sufriu reformas posteriormente, sobre todo no s XVII. Ten unha planta de forma irregular, froito do engadido de distintos corpos e conta con tres andares. Realizada en cantaría, destaca a fachada coa escalinata, a solaina e varios escudos. Tamén conta cunha capela refeita en 1782 e unha torre.

Palabras veciñas

Regueiro, o | Reguengo | reguengo -ga | Reguengo, pazo de | Regueral | Regueras, Las | regulábel