Reimundo/Reimunda

Reimundo/Reimunda
[ONOM]

Antropónimo que provén do xermánico Raginmund, formado por ragin ‘consello (dos deuses)’ e mund ‘man’, que metaforicamente significa ‘protección do consello divino’. Este nome deu lugar ao topónimo Remonde (Lugo) e aos apelidos Reimúndez e Reimóndez. Presenta a variante Raimundo/Raimunda.