reitor -ra

reitor -ra

(

  1. adx

    Que rexe.

  2. s
    1. Superior que ten ao seu cargo o goberno dunha comunidade, dun hospital ou dun colexio.

    2. Superior dunha universidade e o seu distrito.

  3. s m [RELIX]

    Sacerdote que goberna unha parroquia. Segundo o dereito canónico, tena en propiedade, por concurso ou designación do bispo ou superior competente e polo tanto é inamovible. Ten como misión primordial a cura de almas e todas as obrigas e os dereitos anexos a esta. Debe residir na parroquia e é administrador dos seus bens.

  4. s m [HIST]

    Maxistrado que presidía unha provincia durante o Baixo Imperio Romano. Estaba ás ordes do vigairo diocesano.

  5. s m [HIST/RELIX]
    1. Xefe da administración dun dos patrimonia en que se subdividía, na Idade Media, o Patrimonio de San Pedro.

    2. Gobernador dunha provincia dos Estados Pontificios.

Palabras veciñas

reiterado -da | reiterar | reiterativo -va | reitor -ra | reitorado | reitoral | reitoría