relación

relación

(< lat relatiōne)

    1. s f

      ínculo real ou imaxinario que se establece entre dúas ou máis cousas.

    2. s f [FILOS]

      ínculo que existe ou que se supón que existe entre dúas ou máis cousas, conceptos ou xuízos, de forma que establecido un deles hai que pensar á vez no outro ou nos outros, e viceversa. Para Aristóteles era unha categoría e definiuna como a referencia dunha cousa a outra. Entre os escolásticos abranguía un campo moito máis amplo de modalidades e subdivisións. Nesta liña Eduard von Hartmann fixo da relación unha categoría fundamental (Urkategorie) que incluía as outras. Hai que destacar a distinción tradicional entre a relación lóxica e a ontolóxica ou real, onde a escolástica distinguiu entre relación increada e creada, e entre relación transcendental, a que non constitúe a cousa senón que segue a esencia da cousa en que se inclúe, e predicamental, refencia real dunha cousa a outra. A clásica comprensión metafísico-ontolóxica da relación cedeu lugar, en Kant, a unha concepción prioritariamente gnoseolóxica daquela. Polo que respecta ao problema da obxectividade da relación entre os extremos empirista e racionalista, situouse a interpretación tradicional e realista da relación como a obxectivamente fundada e incluso a interpretación do denominado empirismo radical. Modernamente, a perspectiva desde a que se formulou o problema da relación é de carácter lóxico, aínda que desde unha perspectiva radicalmente diferente da lóxica tradicional.

    3. s f [MAT]

      ínculo entre varios elementos dun conxunto. Para precisar esta idea intuitiva, defínese a relación (R) como calquera subconxunto dun produto cartesiano de dous conxuntos A e B. O tipo de relación máis frecuente é aquela en que n = 2, chamada relación binaria, que é un subconxunto de A×A. Unha relación binaria é chamada simétrica se cada vez que a R b, tamén se cumpre b R a; é antisimétrica se nunca se cumpre a R b e b R a á vez; é reflexiva se sempre é a R a; e é transitiva se cada vez que a R b e b R c resulta que a R c. Unha relación que é á vez reflexiva, simétrica e transitiva é unha relación de equivalencia, mentres que se é á vez reflexiva, antisimétrica e transitiva é unha relación de orde. Defínese tamén o concepto de relación inversa.

    4. relación de transformación [ENX]

      Relación entre as tensións alta e baixa (ou entre as correntes correspondentes aos circuítos de tensión baixa e alta) nun transformador.

    5. relación xurídica [DER]

      ínculo de dereito existente entre dúas ou máis persoas (sociedade) ou unha ou máis persoas cunha cousa ou máis.

    1. s f

      Feito de establecer un vínculo de coñecemento, actividade ou interese entre dúas ou máis persoas, entidades ou grupos sociais.

    2. relacións de produción [ECON]

      ínculos das persoas arredor do proceso de produción de bens materiais. Baixo esta interpretación, presente na análise de Karl H. Marx, as relacións de produción establécense no proceso de traballo, é dicir, no proceso de acción do home sobre a natureza, e modélanse segundo o nivel histórico das forzas produtivas. As relacións sociais de produción refírense ás formas de propiedade dos medios de produción, á situación que no proceso de produción ocupan as clases e os grupos sociais, ás relacións mutuas establecidas entre eles e ás formas de distribución do que se produce.

    3. relacións diplomáticas [DER]

      Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos. Os órganos centrais desta relación son os xefes de estado e os ministros de Asuntos Exteriores, e os órganos periféricos son os axentes diplomáticos e os cónsules. Están reguladas polos convenios de Viena de 1961 e 1963, ratificados por España.

    4. relacións humanas / [PSIC/SOCIOL]

      Interaccións e vínculos mutuos existentes en todo grupo social, e máis particularmente entre os membros do cadro de persoal dunha empresa ou dunha entidade comercial. Os xefes e os equipos directivos procuran controlalas para favorecer un bo clima laboral e conseguir unha máxima eficacia. O estudo das relacións humanas no ámbito laboral comezou coas experiencias de psicoloxía social de E. Mayo (1927-1932) e coa publicación das investigacións sobre dinámica de grupo.

    5. relacións públicas / [ECON/SOCIOL]

      Conxunto de actividades dunha empresa ou dunha entidade de carácter público, como os partidos e incluso os gobernos, feitas para influír na opinión pública e atraer os individuos ou outras entidades como posibles novos clientes ou seguidores. Intimamente relacionadas coa publicidade, buscan uns resultados máis permanentes e teñen unha rendibilidade máis apreciable ca non os pretendidos por esta.

    6. relacións sexuais [SOCIOL]

      Relación establecida entre persoas mediante o sexo. 

    1. s f

      Acción de relatar ou referir un feito.

    2. relación xurada [DER]

      Relación feita con xuramento ou promesa a quen ten autoridade para esixilo.

  1. s f

    Lista ou enumeración dunha serie de datos, especialmente segundo unha determinada orde ou criterio.

    1. s f

      Proporción ou cociente entre dúas magnitudes de natureza análoga.

    2. relación de compresión [TECNOL]

      Relación, nun motor endotérmico, entre o volume comprendido polo cilindro máis a cámara de combustión cando o émbolo se atopa no punto máis baixo do seu traxecto e este mesmo volume cando o émbolo está no punto máis alto. Nos motores de explosión oscila entre 9:1 e 10,8:1 e nos diésel oscila arredor de 20:1.

    3. relación real de intercambio [ECON]

      Confrontación efectuada entre os prezos dos bens intercambiados entre sectores económicos, rexións ou estados, tendo en conta as súas modificacións ao longo do tempo. Normalmente, exprésase como un índice:


      FORMULA

Frases feitas

  • 2 Polo que respecta a.

  • Con relación a/En relación con 1 Con referencia a, en comparación con.