relativo -va
(< lat relatīvu)
-
adx
Que fai referencia ou mantén algún tipo de relación con algo ou alguén.
-
adx
Que mantén unha relación de subordinación ou comparación respecto a algo ou alguén do que depende para acadar unha definición plena.
-
adx
Que é parcial ou non completo.
-
adx
[MÚS]
Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, cuxas tónicas están situadas a unha distancia dunha terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.
-
adx e s
m
[LING]
Aplícase ao elemento lingüístico que se caracteriza por ser nexo subordinante con capacidade anafórica e, ademais, cumprir unha función pronominal ou adverbial dentro da oración que introduce ou dentro dun dos seus constituíntes. Algúns relativos son invariables (que, quen, onde, cando, como) e outros presentan variación (canto, canta, cantos, cantas; cuxo, cuxa, cuxos, cuxas; o que, a que, os que, as que; o cal, a cal, os cales, as cales). Funcionalmente, na maior parte dos casos, son frases (núcleo de frases). Uns son núcelo de FN (relativos pronominais, substitutos ou autónomos) e outros de FAdv (relativos adverbiais). Ademais o cal, canto e cuxo tamén poden funcionar como determinantes. Na maior parte das súas construcións, o relativo precisa dun elemento contextual correferente con el, cos mesmos trazos semánticos, e que non ten necesariamente que cumprir a mesma función sintáctica. Este elemento denomínase antecedente e sempre precisan del que, o que, o cal e cuxo. Só algúns relativos combinan con outros determinantes dentro da súa mesma frase. Son os casos, por exemplo, de o cal, que admite cuantificadores e identificadores en construcións partitivas (moitos dos cales, algúns dos cales, calquera dos cales); e canto(s), canta(s) pode ir precedido de todo(s), toda(s) (danlle todo canto pide). Ademais os relativos tamén se distinguen polas súas características semánticas. Uns son substitutos de identidade sen trazos de significado propios, polo que poden adquirir calquera significado anafórico (que, o que, o cal e cuxo); outros, pola contra, teñen trazos sintáctico-semánticos específicos, o que limita o seu uso (quen ‘persoa’, onde ‘lugar’, cando ‘tempo’, como ‘modo’ e canto ‘cantidade’). Todos os relativos poden cumprir funcións frásticas, pero só introducen oracións que cumpren unha función oracional os relativos que non precisan antecedente (núcleo autónomo).