relixioso -sa
(< lat religiosū)
-
adx
[RELIX]
-
Relativo ou pertencente á relixión.
-
Que observa, acata e profesa as regras propias dunha relixión.
-
Que segue os ritos da relixión, por oposición a civil.
-
-
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente a unha orde ou congregación relixiosa.
-
s
Membro dunha orde ou congregación relixiosa.
-
adx
-
música relixiosa
[MÚS]
Nome dado ao canto litúrxico vinculado aos diferentes cultos, á música sagrada a unha voz ou a diferentes voces, e á instrumental, que emprega ou non os textos litúrxicos, como tamén ás composicións de inspiración relixiosa destinadas aos concertos. Vinculada ao cristianismo, déronse no campo monódico as diferentes formas de canto litúrxico, o drama litúrxico e o condutus. No campo polifónico destacan o organum, o motete, o anthem, o madrigal relixioso, a coral, e as obras para órgano. Outras formas son o responsorio, os salmos polifónicos e a misa. Nos ss XVII-XVIII apareceron o oratorio, a cantata, as paixóns e o réquiem. O canto gregoriano decaeu axiña coa aparición das ricas escolas polifónicas francesa, italiana e franco-flamenga, con autores como Palestrina, T. L. de Vic22toria, W. Byrd, Th. Tallis, e máis tarde Bach, Händel e Carissimi. No s XVIII, en que se aproximaron os estilos relixioso e profano, Haydn, Mozart e Pergolesi compuxeron música de tema relixioso, como tamén a maioría de autores dos ss XIX e XX.