remachar
remachar
( 3 macho)
-
v t
Machucar a punta dun cravo ou dun remache xa cravado para que quede máis fortemente fixado.
Ex: Cando remaches o cravo coloca o cadro.
-
v t
Tapar un burato a un recipiente.
Ex: Remachou a pota para que non vertese.
-
v t
Unir algo mediante remaches.
Ex: Remachou as pezas para mantelas xuntas.
-
v t
Insistir en algo que se dixo ou fixo.
Ex: Remachou insistentemente que el non rompera a xerra. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non remaches máis, non tes razón.