remate

remate

(< rematar)

  1. s m

    Acción de rematar.

  2. s m [DEP]

    Tiro directo a portaría que se fai ao aproveitar o pase dun compañeiro.

  3. s m
    1. Parte máis elevada con que se pon fin a algo ou extremo dunha cousa.

    2. [ARQUIT]

      Elemento con que se adorna ou coroa a parte superior dun edificio.

  4. s m

    Fin, conclusión ou parte final dunha cousa.

  5. s m

    Acción e efecto de asegurar ben a última puntada dun tecido.

  6. s m

    Peza que se pon como adorno ou como reforzo no bordo dun tecido.

Frases feitas

  • A remates de. Arredor da fin (dunha porción de tempo).

  • De remate. Por completo.

  • Ao/Ó remate. Ao final.

Refráns

  • Ata que acabes non te gabes.
  • Labor feito nada pide ao por facer.
  • Labor feito nada pide.
  • Ninguén correu que non parase.
  • O mal é acabarse o ben.
  • Obra feita non espera.
  • Obra feita venda agarda.
  • Quen fixo o cesto, que lle faga o aro/que lle poña o aro.