Remedios, ponte vella dos
Remedios, ponte vella dos
Construción situada sobre o río Tea, entre Areas e Ponteareas (Ponteareas). Realizada en cantaría e cachotaría durante o s XIV, sobre base romana presenta catro vans formados por arcos oxivais e de medio punto e unha rasante alombada. Atópase no antigo camiño que ía da Cañiza a Vigo.