Remedios de Castro Caldelas, Os

Remedios de Castro Caldelas, Os

Romaría celebrada anualmente en Castro Caldelas na honra á Virxe do Remedios. Comeza coa ornamentación da vila o 6 de setembro e ao día seguinte celébrase a Noite das Bandeiras. Ao redor do santuario, construído en 1840, ten lugar o día 8 a procesión e a misa solemne. Como elementos máis característicos do folclore destaca o Irrio Peliqueiro, a máscara que vai por diante na procesión. Antigamente tamén se facía unha danza de arcos e sacabanse á rúa xigantóns e cabezudos.