Remesil, pazo de

Remesil, pazo de

Construción situada en Vilafiz (Friol). Realizada en cantaría de granito, ten planta en forma de U e dous pisos, cuberta de lousa a catro augas e catro chemineas. A fachada caracterízase polo barroquismo palaciano do s XVIII. No piso baixo presenta tres portadas con arco de medio punto e desde un patín dobre, cun frontón formado por tres arcos de medio punto separados por pilastras, accédese cara ao piso superior. Nos lados do patín prolóngase a solaina. O conxunto complétase cun cruceiro e unha capela, baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción.

Palabras veciñas

Remesar | Remesar | Remesar | Remesil, pazo de | remexedor -ra | remexedura | remexer