remuíño

remuíño
  1. s m [METEOR]

    Movemento en espiral de pequena dimensión dunha columna de aire ao redor dun centro de baixas presións. É unha consecuencia do diferente grao de quecemento da superficie terrestre. Contribúen á mestura do aire nas capas baixas da troposfera.

  2. s m

    Movemento circular e rápido que se forma nunha masa de auga.

  3. s m

    Mecha de cabelos que medra en dirección distinta ás outras e é difícil de alisar ou peitear.

  4. s m

    Aglomeración de persoas arredor dun determinado punto.

Palabras veciñas

remuda | remudar | remuiñado -da | remuíño | Remuíño | Remuíño | Remuñán Ferro, Manuel