RENFE

RENFE
Nome científico: [Red Nacional de Ferrocarriles Españoles]

Organismo estatal español creado en 1941 pola Lei de Bases de Ordenación Ferroviaria e do Transporte por Estrada. A súa creación significou a estatalización de todas as vías férreas do ancho especial adoptado por España e respondeu á necesidade de reconstruír as liñas destruídas pola Guerra Civil Española (1936-1939). Absorbeu as compañías dos principais ferrocarrís: Caminos de Hierro del Norte de España, Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y a Alicante e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste. Xestionouse como unha empresa privada, pero o seu presidente é nomeado polo ministro de Transporte. Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2005 da nova lei do sector ferroviario desapareceu o monopolio público no sector ferroviario e comezaron a súa andaina Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), encargado da xestión da rede e dos activos, e a RENFE Operadora, integrada polos sectores de transportes de viaxeiros e mercadorías: Ave, Grandes Líneas, Regionales, Cercanías e Mercancías.