reno
reno
(
s
m
[ANIMAL]
Artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, que mide uns 2 m de lonxitude e ten unha altura de arredor de 1,40 m na cruz e ata uns 300 kg de peso. Presenta coloración variable, de gris a leonada. Os seus pezuños permítenlle desprazarse con facilidade polos terreos xeados, nevados ou pouco consistentes da tundra. Habita nas rexións árticas de Europa e Asia, e en América é substituído polo caribú. É gregario e vive en mandas de número variable. Prefire as rexións de prados durante o verán e as de bosques de coníferas, máis meridionais, durante o inverno. Nútrese de liques, brións, cascas e herbas. Desde sempre foi domesticado polo ser humano.