renuncia

renuncia

(< renunciar)

  1. s f

    Acción e efecto de renunciar.

  2. s f

    Documento onde consta a renuncia.

  3. s f [DER]

    Acto polo que unha persoa se desprende dun dereito adquirido ou recoñecido. É un dos modelos de extinción das relacións xurídicas que equivale á abdicación ou á alienación. Os dereitos públicos, como a liberdade ou o dereito á familia, son irrenunciables. O único renunciable é o dereito punitivo por medio do indulto, dentro dos dereitos de supremacía do estado.

    Confrontacións: abdicación.
  4. s f [DER]

    Forma de finalización dun procedemento civil ou administrativo cando o interesado renuncia expresamente ao seu dereito.