1 reo

1 reo

(

Nome científico: [Salmotrutta trutta, Fam dos salmónidos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe migratorio, de ata 60 cm de lonxitude, que ten unha cor variable, similar á troita común cando está no río, e prateada cando chega ao mar, co dorso e os flancos normalmente de cor cinsenta con poucas manchas negras e ningunha vermella. Presenta un comportamento anádromo, durante a primavera os menores de dous anos que habitan a parte baixa dos ríos adquiren unha tonalidade prateada e desprázanse ao mar, utilizando principalmente esteiros e áreas mariñas non moi afastadas da costa. Aliméntase de invertebrados bentónicos e pequenos insectos. Resulta especialmente abundante nas rías galegas, onde os ambientes mariños se prolongan varios quilómetros cara ao interior do continente e costas cantábricas, nunha área que coincide coa do salmón. OBS: Tamén se denomina troita mariña.

Palabras veciñas

renunciatario -ria | renuncio | renxer | 1 reo | 2 reo -a | reo, a | reo-