reoloxía

reoloxía

(< reo- + -loxía)

s f [FÍS]

Ciencia da deformación e do fluxo, que enlaza a mecánica de fluídos coa elasticidade e establece a correlación entre as variables esforzo, deformación, temperatura e tempo da materia considerada como un medio continuo. Estuda o comportamento das substancias con modelos que superan o concepto de corpo sólido indeformable de Euclides e tamén o comportamento mecánico elástico lineal perfecto introducido por Hooke. Os reólogos fisicomatemáticos introduciron os conceptos de fatiga, envellecemento, memoria e fluxo dos corpos. A biorreoloxía establece unha correlación de enfermidades co carácter reolóxico do sangue -hemodinámica- e doutros líquidos fisiolóxicos. A psicorreoloxía enlaza o carácter reolóxico dos alimentos, cosméticos, medicinas e pinturas coa aceptación por parte do público.

Palabras veciñas

reófilo -la | reóforo | reógrafo | reoloxía | reómetro | reordenación | reordenador -ra