repartir

repartir

(< re- + partir)

  1. v t

    Dividir algo en partes e distribuílas entre varias persoas ou lugares.

    Ex: Reapartiron equitativamente o premio.

  2. v t

    Facer que algo chegue ao seu destino.

    Ex: O carteiro repartiu as cartas con demora.

  3. v t

    Colocar ou distribuír algo estendéndoo ou separándoo.

    Ex: Reparte ben a pintura para que cubra toda a parede.

  4. v t

    Asignar un papel a un actor.

    Ex: O director repartiu os papeis e fixo de Ofelia.

  5. v pron

    Dividirse para dedicarse a diferentes cousas.

    Ex: O seu tempo repártese entre a casa e a oficina.

  6. v pron

    Distribuírse ou situarse por diferentes lugares.

    Ex: As súas tendas repártense por diferentes cidades.

Palabras veciñas

repartición | repartidor -ra | repartimento | repartir | repasar | repaso | repatriación