repoñer
repoñer
(< re- + poñer)
-
v t
Poñer de novo unha persoa ou cousa no lugar ou estado en que se atopaba.
Ex: O funcionario foi reposto no seu cargo.
Sinónimos: repor. -
v t
Substituír unha cousa por outra de características iguais ou semellantes.
Ex: Temos que parar a repoñer combustible.
Sinónimos: repor. -
v t
Presentar de novo un programa, unha película ou un espectáculo que xa fora emitido ou posto en escena nunha tempada anterior.
Ex: Repuxeron a telenovela que tanto che gustaba.
Sinónimos: repor. -
v t
[DER]
Reformar un dereito ou unha resolución xudicial por interposición de recurso de reposición.
Sinónimos: repor. -
v pron
Recuperar a saúde que se perdera.
Ex: Tes que comer para repoñerte canto antes.
-
v pron
Facer fronte a alguén.
Ex: Repúxose e díxolle o que pensaba.