República Árabe Saharauí Democrática

República Árabe Saharauí Democrática
Nome científico: [RADS]

Organización política de Sáhara Occidental proclamada en febreiro de 1976 baixo o impulso do Frente Polisario e que pretende o seu recoñecemento como estado polos outros países do mundo. Recoñecida por máis de sesenta países, é membro de pleno dereito da OUA pero non da ONU. Ante a vontade de Marrocos de anexionarse o territorio e a resistencia da poboación saharauí, esta organización proxectou en 1988 un referendo para decidir a súa lexitimidade, consulta aínda pendente de celebrarse. Co apoio de Alxeria, posúe un exército de liberación, dirixido polo Frente Polisario, que combate as forzas ocupantes marroquís, controla diversas formas do territorio saharauí e administra os campos de refuxiados establecidos na rexión alxeriana de Tindouf.

Palabras veciñas

réptil | reptiliano -na | república | República Árabe Saharauí Democrática | República Árabe Unida | República Catalana | República Democrática Alemá