1 requeixo
1 requeixo
(
s
m
[ALIM]
Derivado lácteo que se obtén callando o leite en moldes en que se separa do soro mediante unhas teas. É un produto que conserva un 70% de humidade. Para producir o callado do leite engádese o zume dun limón e déixase nun lugar quente para facilitar o proceso. Caracterízase por presentar unha masa untosa, branca, en pequenos grumos e de sabor acedo. Consómese como postre principalmente e tamén pode empregarse en tortas e noutros preparados reposteiros.