reservar
reservar
(
-
v t
Gardar algo para outro momento.
Ex: Máis che vale que reserves algo para mañá!
-
v t
Destinar exclusivamente un lugar ou algo para algo ou alguén determinado.
Ex: Xa reservei os billetes de avión.
-
v t
Calar algo.
Ex: Polo momento reservo a miña opinión.
-
v t
Ser algo da competencia de alguén.
Ex: Este local reserva o dereito de admisión.
-
v t
[RELIX]
Deixar de ter exposto o Santísimo Sacramento e retornalo ao sagrario.
-
v pron
Gardarse alguén as súas facultades, dereitos ou competencias para outro momento. OBS: Emprégase seguido da preposición para.
Ex: Reservouse para a sobremesa.