residencia

residencia

(< residente)

  1. s f

    Acción ou efecto de residir.

  2. s f
    1. Sitio onde vive alguén dun xeito fixo ou habitual.

    2. Edificio onde conviven habitualmente diferentes persoas baixo unha regulamentación común e vinculados por motivos de idade, sexo, traballo, ocupación ou crenzas relixiosas.

    3. [DER]

      Edificio en que unha autoridade ou corporación ten o seu domicilio e exerce as súas funcións.

  3. s f [DER]
    1. Obriga xurídica de residir no lugar onde se desenvolve unha función ou cargo público.

    2. Obriga que ten o clérigo de estar habitualmente no lugar onde radica o cargo que exerce.

  4. s f [DER]

    Cargo de ministro residente.

  5. s f [MED]

    Período de formación dunha especialidade médica, que ten unha duración habitual de entre tres e seis anos, e que se realiza en hospitais acreditados.

Palabras veciñas

resgardar | resgardo | resgo -ga | residencia | residencial | residenciar | residente