responsorio
responsorio
(< lat responsoriu)
s
m
[RELIX]
Peza litúrxica que consiste nun canto duns versos, normalmente de salmo, por parte do solista, ao que responde a asemblea ou o coro coa repetición dun verso determinado. Están recollidos no responsorial.