Restauración

Restauración

Período da historia de Europa que comprende desde a celebración do Congreso de Viena de 1815 ata a Revolución de 1848. Supuxo o retorno ao Antigo Réxime coa restauración da monarquía absoluta e a reorganización do mapa europeo despois da época napoleónica.