Restitución, Edito de

Restitución, Edito de

Edito promulgado polo Emperador Fernando II tras a Paz de Lübeck en 1629, durante a Guerra dos Trinta Anos. Determinaba a devolución das dioceses e mosteiros que dependían da Casa de Austria e que polo Tratado de Passau (1552) pasaran a mans luteranas, como tamén a paridade de protestantes e católicos en canto ao establecemento da Reforma. Fixérono posible as vitorias de J. T’ Serclaes de Tilly e A. von Wallenstein e significaba o retorno a Paz de Augsburgo (1555).

Palabras veciñas

restiforme | restinga | restitución | Restitución, Edito de | restituíbel | restituible | restituidor -ra