restra

restra

(< lat restŭla, dim dereste ‘corda’)

  1. s f

    Trenza que se fai cos talos dos allos e das cebolas.

    Sinónimos: reste.
  2. s f
    1. Sucesión ou ringleira de obxectos ou alimentos colocados uns detras dos outros.

      Ex: Tiña unha restra de chourizos.

      Sinónimos: reste.
    2. Sucesión de palabras ou expresións, xeralmente de tono insultante.

      Ex: Soltou unha restra de maldicións contra min.

      Sinónimos: reste.

Palabras veciñas

restitutorio -ria | resto | Restout | restra | restreba | restrebar | restrelar