restrición

restrición

(

  1. s f

    Acción e efecto de restrinxir.

  2. s f [PAT]

    Diminución da capacidade pulmonar sen obstrución bronquial, que non afecta á ventilación máxima por minuto. Pode ser extrínseca ou extrapulmonar, ou intrínseca por redución do parénquima pulmonar.

  3. restrición dunha aplicación [MAT]

    Dadas unha función f dun conxunto A noutro B e un subconxunto A’ de A, función de A’ en B que toma os mesmos valores que f para todo elemento de A’. Denomínase restrición de f ao subconxunto A’.

  4. restrición mental [FILOS]

    Acto que consiste en facer mentalmente limitacións a aquilo que se di, crendo que iso autoriza a eludir o cumprimento ou permite non dicir a verdade sen mentir.

  5. restricións económicas [ECON]

    Limitacións postas ao funcionamento normal da competencia entre empresas nas economías capitalistas.

Palabras veciñas

restrelar | 1 restrelo | 2 restrelo | restrición | restrinxente | restrinxir | restritivo -va