resultante

resultante

(< lat resultante)

    1. adx

      Que resulta.

    2. forza resultante [FÍS]

      ector libre que se obtén sumando os vectores representativos das forzas (chamadas compoñentes) que actúan sobre un sistema físico, tomando cada un deles como un vector libre. A resultante produce sobre o sistema o mesmo efecto ca as forzas iniciais. OBS: Tamén se coñece como resultante.

    3. movemento resultante [FÍS]

      Movemento real, seguido por un móbil cando o movemento é descrito polas súas proxeccións sobre determinados eixes de referencia.

  1. s f [MAT]

    ector equivalente á suma de dous vectores. Dados dous vectores, obtense a resultante destes pola regra do paralelogramo: ao construír un paralelogramo que teña por lados os vectores dados, a resultante será neste caso a diagonal deste paralelogramo.

  2. s f [DER]

    Cada un dos parágrafos da sentenza dun acto resolutivo onde consta a relación de feitos, que se enlazan coas cuestións nela resolta.