retagarda

retagarda

(

  1. s f [BÉL]

    Tropa que marcha ao final dunha columna para darlle seguranza nunha acción de guerra.

  2. s f [BÉL]

    Tropas máis afastadas do inimigo nun despregamento.

    Antónimos: vangarda.
  3. s f [BÉL]

    Espazo que queda atrás nunha fronte de guerra, onde se levan a cabo as operacións de abastecemento e evacuación. É especialmente vulnerable pola aviación, os mísiles e os paracaidistas. A guerra de guerrillas baséase en accións para dominala ou convertela en zona de combate.

Palabras veciñas

retablo | retacar | retador -ra | retagarda | Retalhuleu | retallábel | retallable