retención

retención

(< lat retentiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de reter.

  2. s f [PAT]

    Acumulación de substancias de difícil evacuación nun conduto ou cavidade.

  3. s f

    Parte ou totalidade que se retén dun haber ou dun salario.

  4. s f

    Detención ou marcha lenta de vehículos.

  5. dereito de retención [DER]

    Facultade que ten o acredor de poder continuar posuíndo unha cousa logo do termo en que a tiña que restituír ao debedor, ou que ten o detentor dunha cousa de retardar a súa restitución ata obter a satisfacción do crédito. Este dereito só faculta para continuar a detención e para negarse a restituír, pero sen a facultade de disposición da cousa.

  6. retención fiscal [DER/ECON]

    Obriga do substituto do contribuínte de detraer do pagamento efectuado ao suxeito pasivo dun tributo o gravame tributario correspondente a unha cantidade determinada á conta deses tributos, asumindo a obriga de efectuar o ingreso no tesouro público.

  7. [QUÍM]
    1. retención relativa

      Cociente, nunha análise cromatográfica, dos volumes de retención netos de dous compostos.

    2. tempo de retención [tJ&gt;R /J&gt;]

      Tempo que, nunha análise cromatográfica, empregan as moléculas do soluto para percorrer a columna dun extremo a outro.

    3. volume de retención [VJ&gt;R /J&gt;]

      olume de fase móbil necesario, nunha análise cromatográfica, para transportar o soluto dun extremo a outro da columna cromatográfica.

Palabras veciñas

retelladura | retellar | retén | retención | reteno | retentiva | retentividade