retina
retina
(< lat tardío retina < latrete ‘rede’)
s
f
[ANAT]
Capa interna do globo ocular que é fotorreceptora e ten por misión a percepción da enerxía radiante. Recibe as imaxes formadas polo cristalino e a través do nervio óptico queda conectada co cerebro. O nervio óptico entra pola papila óptica, que non ten fotorreceptores, e convérteo no denominado punto cego do campo visual. Ao seu lado hai unha zona circular de cor amarela, mácula lútea, cunha depresión central, a fóvea, que é o lugar onde está a maior agudeza visual.