retorcer

retorcer

(< lat retorquēre)

Nome científico: [dp: retorcido, retorto]
  1. v t

    Torcer unha cousa sobre si mesma.

    Ex: Retorce a roupa antes de colgala. Retorceu a saia ao andar.

  2. v t

    Interpretar algo en sentido erróneo.

    Ex: Non retorzas o que che digo.

    Sinónimos: terxiversar.
  3. v pron

    Torcerse unha cousa sobre si mesma.

    Ex: A serpe retorcíase moito.

  4. v pron

    Contraer o corpo a causa dunha dor intensa ou da risa.

    Ex: Retorceuse coa dor de barriga.

Palabras veciñas

retoque | rétor | retorcedura | retorcer | retorcido -da | Retorel | retórica