Reunificación, Congreso de
Reunificación, Congreso de
Reunión celebrada no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946 entre os dirixentes guerrilleiros de León e Galicia. Neste congreso enfrontáronse as distintas tendencias políticas da loita guerrilleira, comunistas por un lado, e socialistas, anarquistas e republicanos, polo outro. A xuntanza rematou cun acordo entre as seccións guerrilleiras. A Garda Civil tivo noticia da concentración na serra do Eixe e os guerrilleiros Francisco Elvira Cuadrado e Arcadio Ríos morreron no enfrontamento.