Reuters
Reuters
[COMUN]
Axencia de noticias creada en Londres en 1851 polo empresario Paul Julius Reuter. Concibida como unha axencia de información económica, axiña ampliou os contidos e seccións das informacións e recibiu a subscrición de todos os diarios londinenses. A guerra de Secesión estadounidense e a etapa imperial francesa consagraron a axencia, que se estendeu por diversos países. Considerada unha das cinco máis prestixiosas do mundo grazas á súa rede informativa, a súa rapidez e o seu rigor, conta cun cadro de persoal de máis de 2.500 xornalistas, fotógrafos e cámaras que traballan en 198 oficinas e delegacións distribuídas en 150 países, desde as que trasmiten información en 26 idiomas.