reverberación

reverberación

(< latreverberaratĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de reverberar.

  2. [FÍS]
    1. s f

      Fenómeno debido á reflexión do son nas paredes dun local pechado polo que, unha vez oído o son propagado directamente desde onde se produciu, aínda se continúa a oír a causa das ondas que se van reflectindo sucesivamente nas paredes. A persistencia do son depende da reflexión das ondas sonoras nos obstáculos que atopan na súa propagación rectilínea. A reverberación fai que a intensidade dun son emitido nun instante se manteña e diminúa progresivamente, en lugar de desaparecer dunha maneira brusca. O valor do tempo polo que a intensidade sonora se reduciu á millonésima parte do seu valor inicial (ou sexa, en 60 dB) é denominado tempo de reverberación (T) do local e depende das súas dimensións e do coeficiente de absorción das paredes.

    2. cámara de reverberación

      Cámara ou recinto cerrado, construído con paredes non paralelas entre elas, duras e reflectoras das ondas sonoras, en cuxo interior hai unha fonte sonora que crea un campo difuso, de modo que a enerxía do son queda uniformemente distribuída. Emprégase para facer ensaios de ruído de máquinas.

  3. s f [FÍS]

    Reflexión intensa e en todas direccións da luz.

  4. reverberación artificial [FÍS/TECNOL]

    Efecto que se introduce nun sinal de audio, mediante dispositivos e circuítos especiais, para imitar máis ou menos perfectamente a reverberación natural.

Palabras veciñas

Reventón, O | 1 rever | 2 rever | reverberación | reverberador | reverberante | reverberar