revisionismo
revisionismo
(
-
s
m
[POLÍT]
Doutrina que pon en dúbida os principios ideolóxicos en que se sustenta un determinado movemento sociopolítico.
-
s
m
[POLÍT]
Posición que, partindo do marxismo expresa unha revisión nos seus aspectos filosóficos, económicos e políticos. Empregárono a finais do s XIX os marxistas ortodoxos para designar as teorías de Eduard Bernstein, que postulaban un proceso de construción do socialismo baseado no reformismo político e contrario ás teses revolucionarias do marxismo. No terreo filosófico, significou o abandono do materialismo dialéctico e o retorno ao idealismo kantiano. Enraizou fortemente na práctica da socialdemocracia alemá e na doutros partidos europeos.