rexistro
(
-
s
m
Acción e efecto de rexistrar.
-
s
m
Anotación feita ao rexistrar unha cousa.
-
[DER]
-
s
m
Libro ou caderno no que se anota regularmente certa orde de feitos dos que se quere gardar o recordo.
-
s
m
Cédula onde consta o rexistro realizado.
-
rexistro civil
Arquivo estatístico legal onde se recollen, compilan e presentan os datos referentes a sucesos ou acontecementos vitais como nacementos, defuncións e matrimonios. O grao de fiabilidade dos rexistros depende do nivel de desenvolvemento do país, xa que a inscrición no rexistro dos acontecementos vitais é un acto administrativo con repercusións legais. Nos países cristiáns os primeiros rexistros de acontecementos vitais corren a cargo da Igrexa, que desde o s XVI impuxo a obrigatoriedade de ser bautizado, casado e soterrado dentro dela. O proceso de secularización do Rexistro Civil aparece a partir do Código de Napoleón de 1804, cuxa sección civil estableceu a responsabilidade de rexistrar os nacementos, matrimonios e defuncións directamente en mans do estado. A base legal do código napoleónico tivo moita influencia na creacións dos sistemas de rexistro civil en boa parte de Europa, América Latina e outras rexións do mundo. En Europa, Arxentina e Uruguay establecéronse ao longo do s XIX, Reino Unido fíxoo en 1836 e España en 1870. En todos os países que contan cun bo sistema de Rexistro Civil existen publicacións anuais que recollen os resultados dos acontecementos demográficos. En España os primeiros intentos de establecelo datan de 1821, reintentándose en 1841 e 1851, pero ata a proclamación da liberdade relixiosa na Constitución de 1869 non foi posible a súa secularización, que quedou establecida por lei en 1870, e cuxo texto está contemplada a necesidade do recoñecemento público de cada individuo para que este poida facer valer os seus dereitos, así como servir de garantía de que todo o proceso se puida levar a cabo baixo o control directo do estado, establecéndose a obrigatoriedade de inscrición dos datos. O Rexistro Civil organízase por concellos, que son os encargados da súa execución e mantemento. Depende do Ministerio de Xustiza e efectúase baixo a autoridade dun xuíz do Rexistro Civil. Os informantes son os propios interesados, algún parente ou a autoridade competente. Os datos que alí se inscriben considéranse protexidos polo secreto estatístico e non poden ser empregados coa información nominativa que conteñen. Os datos dos nacementos e abortos obtéñense a partir do Boletín Estatístico de Parto, establecido en 1980, que inclúe data, lugar, clase de parto, sexo, peso, lexitimidade e datos acerca da nai (idade, estado civil, profesión, residencia, número de fillos, orde dos mesmos e frecuencia interxenésica) e do pai (idade e profesión). Os matrimonios, pola súa banda, rexístranse no Boletín Estatístico de Matrimonio, que recolle información da data e lugar de celebración, modalidade de residencia do novo matrimonio, ademais da idade, estado civil anterior, actividade e residencia de cada membro da parella. A información sobre defuncións obtense no Boletín Estatístico de Defunción, que contén datos sobre o lugar e data da morte e a idade, sexo, estado civil, actividade e lugar de residencia do falecido, así como as causas. A efectos do uso e análise do Rexistro Civil, os seus datos recóllense nunha publicación anual, o Movemento Natural da Poboación, que recolle os datos de base, agregándoos por determinadas unidades territoriais e presentándoos segundo diferentes criterios de clasificación.
-
rexistro central de penados e rebeldes
Rexistro dependente do Ministerio de Xustiza onde de rexistran os antecedentes penais daquelas persoas que foron condenadas por delitos tipificados no Código Penal ou noutras leis penais especiais. Non é de carácter público, só o titular dos antecedentes ou os seus representantes legais poden acceder a el e solicitar o certificado de antecedentes penais.
-
rexistro da propiedade
Documento público que ten a finalidade de garantir e publicitar a propiedade dos bens raíces. Instaurouse en España en 1861 e substituíu á Contadoría de Hipotecas. Este rexistro contén información literaria, pero non planimétrica, sobre os predios urbanos e rústicos, normalmente de ámbito municipal. As leiras enuméranse por orde de inscrición acumulando información sobre elas mentres non se modifiquen os seus límites territoriais. Tamén recolle os cambios de natureza dos inmobles, así como das variacións de tamaño por segregación ou agregación de parcelas. O rexistro non é obrigatorio, pero moitas propiedades urbanas están inscritas porque é obrigatorio o seu rexistro para xerar unha garantía hipotecaria. Depende do Ministerio de Xustiza.
-
rexistro da propiedade industrial
Rexistro que ten por obxecto a inscrición dos dereitos da propiedade industrial por razón de patentes de invención, marcas de fábrica, nomes comerciais, modelos e debuxos industriais, co fin de obter protección legal.
-
rexistro de actas da derradeira vontade
Rexistro onde se inscribe o outorgamento ante notario de todo testamento ou acta de última vontade.
-
rexistro mercantil
Oficina pública onde están inscritos os comerciantes, os barcos e certos documentos que indica a lei. Dependente do Ministerio de Xustiza, hai un en cada provincia e a inscrición só é obrigatoria para as sociedades.
-
rexistro municipal de soares
Documento municipal no que se recollen as parcelas e terreos de particulares que incumpriron os seus deberes urbanísticos, quedando suxeitos ao réxime de venda forzosa e a súa posterior adxudicación mediante concurso público. É empregado excepcionalmente polos concellos e adoita levarse a cabo en situacións de escaseza de solo edificable.
-
rexistro parroquial
Arquivo onde se rexistran os sacramentos de bautismo, matrimonio e a defunción. Deu orixe as estatísticas do movemento natural da poboación. Comezaron a facerse despois do Concilio de Trento (1563), que estableceu a obrigatoriedade no mundo cristián de rexistrar os acontecementos vitais. A Igrexa Protestante tamén seguiu este sistema, creándose este tipo de rexistro en Suecia (1608), Finlandia (1628), Dinamarca (1646) e Noruega (1685). En España, regulamentáronse mediante unha Real Cédula en 1564 obrigando ás parroquias a levar libros de rexistros sacramentais establecidos con ese efecto. A finalidade era a de velar polo cumprimento dos mandatos relixiosos. Os curas párrocos eran os encargados de manter o rexistro de sacramentos que eles mesmos impuxeran aos fieis. A explotación dos rexistros parroquiais con fins estatísticos demográficos tivo tres épocas: un período artesanal que corresponde coas análises realizadas por xenealoxistas ou eruditos; o período dos historiadores-economistas, que os empregaban para establecer curvas de longa duración dos bautismos, matrimonios ou defuncións; e un período estritamente demográfico que só foi posible coa aplicación do método de reconstrución de familias, formulado por Louis Henry e Michael Fleury. A súa base é a realización de fichas individuais para cada un dos tres sucesos demográficos aludidos. Despois, as fichas individuais son transcritas sobre fichas de familia que teñen como punto de partida un matrimonio. A reconstrución de familias dunha parroquia ao longo dun período de tempo permite estudar a súa demografía e algúns aspectos de carácter social, económico ou cultural. A información contida nos libros parroquiais recolle o día, mes e ano no que se produce cada suceso demográfico; unha información conceptual que alude ao sacramento ou cerimonia que se levou a cabo; unha información nominal que dá nome, apelidos e sobrenomes dos receptores do sacramento e doutras persoas como pais, padriños ou testemuñas; unha información profesional que permite coñecer oficios ou ocupacións dos contraentes dun matrimonio, dos pais dun bautizado ou do finado; e un conxunto de noticias complementarias sobre veciñanza, orixe xeográfica das persoas e condición socioeconómica, legal e xurídica.
-
rexistro de planeamento
Arquivo no que se inscriben todos os documentos urbanísticos, así como as modificacións, adaptacións e revisións das diferentes figuras de planeamento. Debe recoller todas as incidencias no planeamento, tanto xeral como de desenvolvemento.
-
rexistro xeral da propiedade intelectual
Rexistro onde se inscriben os títulos das obras científicas, literarias, musicais e artísticas, e o nome dos seus autores.
-
s
m
-
s
m
[DER]
Oficina onde se rexistran documentos, actas ou contratos, para a súa constancia oficial e con vista a obter determinados efectos xurídicos.
-
s
m
[ARQUIV/BIBLIOT]
Compilación manuscrita de documentos orixinais ou copias no momento da súa expedición. Antigamente indicaba unha colección ordenada de cartas expedidas por unha entidade ou documentos notariais, para xustificar a actividade dos escribáns ou notarios. A súa orixe débese aos commentarii romanos, rolos de papiro onde estaban transcritas as actas do Senado e dos cónsules e, posteriormente, da chancelaría imperial. A chancelaría pontificia conservou o seu uso e coñécense desde o s V. A serie regular iniciouse co Papa Inocencio III (1198) e chegou ata León XIII (1899). A partir dos ss XII e XIII foron utilizados tamén polas chancelarías reais e axiña foron adoptados polos colexios de notarios e polas xurisdicións superiores laicas e eclesiásticas.
-
s
m
[BIBLIOT]
Caderno ou libro onde se inscriben os libros dunha biblioteca por orde cronolóxica de entrada.
-
s
m
[GRÁF]
-
Correspondencia entre as liñas impresas nunha e noutra cara dunha folla.
-
Coincidencia exacta entre as impresións das diferentes cores nun traballo de imprenta de máis dunha tinta.
-
-
s
m
[LING]
ariedade funcional dunha lingua, froito da asociación habitual entre uns determinados trazos lingüísticos -fonéticos, gráficos, gramaticais, léxicos, etc- e uns factores correlativos propios da situación de uso -como o tema, a canle, a formalidade ou o propósito da comunicación-. Distínguese tradicionalmente entre a lingua corrente, familiar ou coloquial, e a linguaxe elevada, científica ou literaria. Nalgunhas escolas lingüísticas, os rexistros denomínanse estilos ou variedades diatópicas, mentres que noutras -especialmente de influencia francesa-, englóbanse baixo a etiqueta de niveis de lingua.
-
s
m
[MÚS]
-
Peza móbil dun órgano, dun harmonio, etc, que permite modificar o timbre dos sons.
-
Cada un dos diferentes timbres do órgano ou do harmonio.
-
Extensión que comprende normalmente cada un dos tipos de voz humana. Distínguense os rexistros de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.
-
-
s
m
[MAR]
arqueo.
-
s
m
-
Dispositivo que serve para acelerar ou retardar a marcha dun mecanismo.
-
Abertura provista de tapa que permite ter acceso ao interior de chemineas, canalizacións cubertas, conducións subterráneas, etc, para comprobar o funcionamento e o estado dos seus elementos ou efectuar algunha reparación.
-
Placa, válvula, etc, que permite regular o tiro dunha cheminea, a entrada de aire nun fogón ou, en xeral, a circulación dun fluído por unha condución.
-
-
s
m
[FÍS/INFORM]
-
Elemento dun ficheiro que por convención corresponde á unha parte concreta da realidade. Normalmente divídese en campos.
-
Procedemento que permite a fixación e almacenaxe dunha información calquera nun soporte material adecuado, para a súa conservación indefinida e a súa reprodución no momento adecuado. Hai diversos tipos de rexistros, segundo a información para rexistrar, o soporte empregado e o aparato reprodutor. Cando a información para rexistrar é un son, emprégase o disco fonográfico, o disco compacto, o fío magnético (xa en desuso) e a cinta magnética. Para a imaxe utilízase fundamentalmente a cinta cinematográfica en cinematografía e fotografía, e a cinta magnética en televisión. En informática, o rexistro de datos e sinais realízase mediante tarxetas e cintas perforadas, cintas e discos magnéticos e discos ópticos. Segundo o procedemento pode ser mecánico, a base dun suco espiral ou perforacións feitas seguindo un certo código magnético (magnetofónico ou videográfico) e óptico. Segundo as posibilidades de acceso á información rexistrada, clasifícanse en rexistros de acceso manual ou ben automático, e este último, en directo ou secuencial.
-
-
s
m
[MÚS]
Fixación de pezas ou fragmentos musicais sobre unha superficie, de tal xeito que poidan ser reproducidos sempre que se desexe. Os primeiros rexistros baseábanse en procedementos mecánicos: perforación (rolos de pianola, discos de cartón), ou en gravacións de sucos en cilindro e en disco, como se facía a finais do s XIX. En 1925 apareceu o rexistro eléctrico, que mellorou notablemente a calidade da toma de datos e de reprodución; máis tarde desenvolvéronse os procesos ópticos, como a banda sonora das películas e a cinta magnética. Co tempo todos os sistemas de rexistro tradicionais foron substituídos polo sistema de rexistro dixital e o disco compacto.
-
rexistro dixital
[FÍS]
Sistema de rexistro de sons que consiste en rexistrar sinais eléctricos codificados dixitalmente que proveñen da conversión, mediante un circuíto convertedor analóxico-dixital, dos sinais eléctricos analóxicos, producidos por micrófonos ou outros captadores electroacústicos, en sinais dixitais. Estes rexistros realízanse primeiro en cintas magnéticas e despois pásanse a discos compactos ou, mediante a conversión inversa dixital-analóxica, a discos convencionais. Este sistema de rexistro ten varias vantaxes, como a maior relación entre sinal-ruído e unha menor distorsión, e a posibilidade de manipular os sinais sen degradación. A codificación dá como resultado unha canle de saída en serie, é dicir, unha saída en paralelo por tantas canles como bits de conversión ten o convertedor. No segundo caso as canles paralelas rexístranse simultaneamente sobre a cinta magnética mediante golpes magnéticos multipista. No primeiro caso a saída en serie codifícase polo sistemas de modulación de impulsos (PMC). O sistema paralelo é utilizado por equipos profesionais. O sistema en serie é aceptado polo sistema de disco compacto; é moito máis barato, xa que o sistema de conversión dixital-analóxico é máis sinxelo, e está estandarizado e aceptado de forma xeneralizada.