Reynolds, número de

Reynolds, número de

Coeficiente sen dimensións, establecido en 1883 por Osborne Reynolds, empregado en dinámica de fluídos, que caracteriza o desprazamento destes por unha condución e expresa a relación entre a forza de inercia e a de viscosidade. Vén dado pola relación Re = Dvñ/ì, onde D é o diámetro interior da condución, v a velocidade de desprazamento, ñ a densidade e ì a viscosidade.

Palabras veciñas

Reynaud, Paul | Reynolds, Albert | Reynolds, Joshua | Reynolds, número de | Reynolds, Osborne | Reynosa | Reza