Rh, sistema

Rh, sistema
[BIOL]

Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos a partir do factor Rh, evidenciado en eritrocitos de certos primates e humanos grazas a un soro antiglóbulos vermellos de Macaca mulatta. Baséase na presenza ou ausencia dos aglutinóxenos denominados Rh ou D, rh’ ou C, rh” ou E, hr’ ou c e hr” ou e. Son do grupo Rh-positivo (Rh+) todos os individuos que xenotipicamente teñen alelo dominante D e que, por tanto, posúen o aglutinóxeno D, nos eritrocitos, e do grupo Rh-negativo (Rh-) os individuos que son homocigotos polo alelo recesivo d e que non posúen aglutinóxeno D pero que son capaces de desenvolver aglutininas para este aglutinóxeno unha vez que foron postos en contacto.

Palabras veciñas

Rh | RH | Rh, factor | Rh, sistema | Rham, Georges-William de | Rhamnus | Rhätikon