Rhinopithecus

Rhinopithecus
[ANIMAL]

Xénero de primates catarrinos, da familia dos cercopitecidos, coa cabeza pequena, cara aplanada e nariz chato, pelame denso, suave e de cores vivas, sobre todo laranxa, amarelada ou doutras tonalidades. De costumes arborícolas e vexetarianos, habitan en zonas montañosas do NL de China, Tibet e Tonquín, ata os 3.000 m de altitude.

Palabras veciñas

Rhine, Joseph Banks | Rhinobatos | Rhinolophus | Rhinopithecus | Rhizobium | Rhizopogon | Rhizosolenia